A Spin – Off da Universidade de Vigo, Alén Space, gañou o premio á acción empresarial máis innovadora ligada á universidade que outroga o xornal Cinco Días que recoñece o mellor proxecto empresarial innovador desenvolvido a través da colaboración entre a universidade e a empresa.

Evento OTAN Marín

“Gañar este premio, ademais dun recoñecemento ao gran traballo realizado ata a data polo noso equipo, e dun caso paradigmático de éxito na relación empresa-universidade, supón unha grande oportunidade para aumentar o coñecemento das enormes posibilidades que os pequenos satélites ofrecen”, sinala Guillermo Lamelas, director executivo de Alén Space.

Ademais das características claves da empresa centrada no desenvolvemento e fabricación de nanosatélites, como a tecnoloxía, o equipo humano, o potencial de mercado ou posicionamento, Lamelas considera que na decisión do xurado do premio foi clave “o proceso de rexeneración e transferencia de tecnoloxía desde a Universidade de Vigo a Alén Space e a continua colaboración entre ambas entidades”. Unha relación que o director executivo da spin-off considera fundamental para asegurar que a investigación que se se realiza na universidade sexa quen de impactar e mellorar a vida da xente. “Trátase dunha relación positiva que debe realimentarse continuamente”, afirma Lamelas.

Fonte: DUVI