O Grupo de Tecnoloxías da Información acaba de recibir en Londres un un dos premios entregados no Edge Computing Congress, un encontro no que se reuniron os principais operadores de sistemas de comunicación móbil (Movistar, Vodafone, Orange…) e provedores de tecnoloxía (AMD, Huawei, Intel…) de todo o mundo. En concreto, recibiron o 2º premio do MEC Hackathon, certame promovido pola ETSI, European Telecommunications Standards Institute, un dos tres organismos de estandarización europeos cunha elevada aceptación a nivel mundial e integrante do Third Generation Partnership Project (3GPP), onde se definen os estándares para os sistemas de comunicación móbil como o 5G.

criptografía

O traballo premiado foi un demostrador para a Industria 4.0 no que o xurado valorou non só o correcto funcionamento do sistema, senón tamén a claridade da explicación dos seus obxectivos, a súa integración nas plataformas dos provedores e, finalmente, o correcto uso dos estándares da ETSI.

Fonte: DUVI