Achégase información relativa ao proceso de selección para a contratación de persoal de apoio ao proxecto Erasmus+ ‘LEAP ‘ (http://desire.webs.uvigo.es/proyectos/proyecto-leap/)

Requisitos das/os candidatas/os:

  • Estudos superiores finalizados de Enxeñaría ou titulacións afíns
  • Experiencia relacionada con metodoloxías áxiles de desenvolvemento do software e/ou metodoloxías Lean
  • Coñecementos de programación para Web e plataformas móviles, Unity.
  • Capacidade de traballo en equipo e de xerar novas ideas.
  • Nivel de inglés alto
  • Capacidade para a elaboración de documentos técnicos e materiais de divulgación.

Traballo a levar a cabo e condicións contractuais:

  • Elaboración de materiais didácticos e de divulgación sobre metodoloxías  áxiles de desenvolvemento software, SCRUM, e Lean
  • Realización de probas e colaboración no desenvolvemento de xogos dixitais con Unity.
  • Duración: 6 meses con opción de prórroga
  • Retribución: Contrato laboral cunha dotación de 1.300 € brutos ao mes.
  • Lugar de Traballo: E.E. Telecomunicación, Campus Lagoas-Marcosende en Vigo.

Proceso de Selección:

  • Realizarase segundo o CV actualizado en base ao expediente académico, experiencia laboral, e a unha entrevista persoal.
  • O proceso selectivo será resolto por unha Comisión formada polos profesores involucrados no proxecto.
  • Unha vez rematado o proceso de selección publicarase unha lista co nome da persoa seleccionada e as/os candidatas/os en reserva se os houbese.

 

Envío de solicitudes e CVs a: manuel.caeiro@uvigo.es

Data límite de envío: 20 de outubro, 2017