Tipo de contrato: Contrato por obra
Data prevista de comezo do contrato: 01/01/2018
Data de remate: 30/06/2018, con posibilidade de renovación
Salario Bruto Mensual: 1.400€-2.000€ segundo experiencia e valía do candidato
Lugar de traballo: Grupo de Procesado do Sinal en Comunicacións. http://gpsc.uvigo.es
E.E. de Telecomunicación, Campus da Universidade de Vigo

Funcións do posto

A persoa seleccionada traballará como enxeñeiro de proxectos de investigación no desenvolvemento de prototipos de sistemas de comunicación con modulacións multiportadora baseados en plataformas de radio definida por software.

Requisitos

  • Título universitario, preferiblemente en Enxeñería de Telecomunicación ou titulación afín
  • Manexo fluído en inglés
  • Experiencia previa nalgunhas das funcións do posto
  • Coñecementos de comunicacións dixitais, modulacións multiportadora e procesado dixital de sinais
  • Manexo en equipamento hardware de laboratorio: xerador de funcións, analizador de espectros, analizador de redes, osciloscopio, deseño electrónico
  • Manexo no kit de desenvolvemento GNURadio, LabVIEW, e Matlab
  • Experiencia en kits de desenvolvemento para FPGA

Criterios de valoración

  • Experiencia profesional (ata 50 puntos)
  • Formación (ata 30 puntos)
  • Entrevista (ata 20 puntos)

A comisión entrevistará aos candidatos que acaden un mínimo de 40 puntos nos dous primeiros criterios de avaliación.

Comisión de Avaliación

  • Presidente: Roberto López Valcarce (Profesor Titular do Departamento de Teoría do Sinal da Universidade de Vigo)
  • Secretario: Pedro Comesaña Alfaro (Profesor Titular do Departamento de Teoría do Sinal da Universidade de Vigo)
  • Vogal: Carlos Mosquera Nartallo (Catedrático do Departamento de Teoría do Sinal da Universidade de Vigo)

Os interesados deberán enviar su CV á dirección info@atlanttic.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto do mensaxe.

Data límite de recepción de candidaturas 1 de decembro de 2017 ás 21:00 CET