Ninguén dubida hoxe en día da importancia da tecnoloxía no coidado da saúde: dende grandes sistemas de imaxe médica a microcámaras, dende láseres cirúrxicos a próteses intelixentes, dende sistemas de estimulación neuromuscular ata novidosos materiais biocompatibles… a lista non tería fin.
En particular, a miniaturización da electrónica alcanzada nas últimas décadas, xunto co desenvolvemento dos sensores, permitiu a irrupción nos últimos anos de dispositivos de medida automática e, en moitos casos, tamén ambulatoria dunha multitude de variables fisiolóxicas (actividade, temperatura, niveis de glucosa ou osíxeno en sangue, presión arterial…).
Estes dispositivos permiten obter información nas condicións reais de vida da persoa e dun xeito continuado. A análise destes sinais está a poñer en dúbida, algunha das verdades médicas establecidas e mesmo a modificar a propia definición de saúde e enfermidade.
En atlanTTic traballamos na liña de investigación de análise de sinais biomédicos, enfocando a actividade de I+D ao desenvolvemento e a aplicación de metodoloxía estatística e de procesado de sinal para mellorar a saúde das persoas. Os investigadores do Laboratorio de Bioingeniería e Cronobiología céntranse na investigación avanzada de: