En atlanTTic traballamos con tecnoloxías relacionadas coa comprensión da comunicación humana, tales como tecnoloxías relacionadas coa fonte audiovisual (recoñecemento e síntese de fala, recoñecemento de expresións e identificación das persoas) e tecnoloxías relacionadas coa comunicación textual (análise lingüística, sintáctico e semántico nos campos de análises de linguaxe natural, xeración de linguaxe natural, chatterbots e tecnoloxías de apoio á comunicación con persoas con discapacidades cognitivas).
Ademais da análise comunicativo, esta liña tamén se ocupa de tecnoloxías de detección e clasificación de eventos baseadas en imaxe, vídeo e sinais acústicas. Mediante a captación de audio con sensores de última xeración, denominados Acoustic Vector Sensors, atlanTTic desenvolveu ferramentas que permiten localizar a súa procedencia. Esta tecnoloxía e a súa combinación con tecnoloxías de detección en vídeo, abre a posibilidade de multitude de aplicacións relacionadas coa seguridade (detección e localización de intrusos) e a monitoraxe de máquinas complexas (non só detectar un patrón de funcionamento anómalo, senón ademais determinar a súa localización e por tanto a causa do problema).