Spin-offs

Un dos obxectivos de atlanTTic é a transferencia tecnolóxica ao tecido industrial. E unha das probas do compromiso con esta finalidade é o número de spin-offs que xurdiron do centro de investigación. Nun campo como o das Tecnoloxías de Telecomunicación ademais do propósito investigador, a conexión co mercado é obrigada. Por iso, dentro do ecosistema de investigación do centro, é un dos centros que maior número de spin-offs crearon nos últimos anos.

A actividade de CAT&D pódese resumir como a comercialización de servizos de avaliación de risco, individualizado e/ou poboacional, cardiovascular, metabólico e renal, así como a identificación precoz de complicacións hipertensivas en embarazo, a través dun software propio a partir de parámetros prognósticos derivados da medida ambulatoria da presión arterial (MAPA).

Isto compleméntase cunha carteira de servizos entre os que se contan a formación asociada, a asesoría en creación e xestión de unidades de MAPA, o deseño experimental e estudos particularizados, a xestión e análise de datos e a elaboración de informes

Compañía dedicada ao desenvolvemento de servizos e soluciones TIC para hospitais, tanto para pacientes como para profesionais do sector. Posuímos tecnoloxía propia avanzada para solucións de entretemimiento, compartición e visualización de información médica, despregamento escalable na nube e aplicacións en mobilidade.

SocialWire é unha plataforma deseñada para dar soporte á aprendizaxe formal e informal, apoiándose no traballo e a comunicación en grupo. A súa función é apoiar a xestión do coñecemento e do talento a través da gamificación.

A compañía desenvolve solucións de software, firmware e electrónica de vangarda para a industria, con énfase en visión por computadora, intelixencia artificial, optimización e automatización.

Ofrecen unha medición fiable dos hábitos dos seus clientes mediante o seu software de medición de audiencia automático que realiza o reconto de persoas, a atención, a emoción e a estimación demográfica.