Convócase un proceso de selección para a contratación de un/ha xestor/a, mediante contrato en réxime temporal, como persoal de investigación e desenvolvemento para o proxecto RadioUAV.

RadioUAV é un proxecto financiado polo Programa Ignicia proba de concepto que busca impulsar os proxectos que se atopan nun estado de madurez tecnolóxica que xa superou a fase de investigación fundamental, a través da validación da tecnoloxía e a posterior transferencia ao mercado dos resultado. RadioUAV desenvolve tecnoloxía para inspección e medida non destrutiva de distintos fenómenos con sensores embarcados en vehículos aéreos non tripulados (UAV).

BASES QUE REGULAN O PROCESO DE SELECCIÓN DE PERSOAL

PRIMEIRA: OBXECTO

A presente convocatoria ten como obxecto a selección de persoal para a contratación, en réxime temporal, de persoal de investigación e desenvolvemento para o proxecto RadioUAV.

SEGUNDA. REQUISITOS DOS SOLICITANTES

Os/As aspirantes deben cumprir, á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, os seguintes requisitos:

Requisitos xerais:

  • Ter cumpridos os dezaoito anos e non ter alcanzado a idade establecida, con carácter xeral, para a xubilación.
  • Ter capacidade para o desempeño das tarefas do perfil solicitado.
  • Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar inhabilitado para o desempeño de funcións públicas.

Requisitos específicos

  • Enxeñeiro/a de telecomunicación.
  • Formación complementaria en xestión empresarial.
  • Experiencia de máis de 10 anos en tarefas de desenvolvemento de negocio.
  • Expriencia demostrada en xestión da innovación.
  • Experiencia na introdución no mercado e comercialización de produtos con compeñementes hardware e software.
  • Experiencia na captación de fondos tanto públicos como privados a través de inversores extgernos e rondas de financiación no ámbito das tecnoloxías da información.
  • Experiencia na xeración de empresas do ámbito das tecnoloxías da información e no seu crecemento, demostrable a través da creación de algunha startup tecnolóxica.
  • Experiencia na interacción con organismos públicos e negociación coa administración.

Habilidades:

  • Coñecemento de metodoloxías específicas para o emprendemento e a creación de empresas tecnolóxicas innovadoras (lean startup, business design, etc.).
  • Capacidades altas de interlocución con empresas e corporacións de gran tamaño.
  • Habilidades de negociación.
  • Dominio profesional completo dos idiomas galego, español e inglés.

TERCEIRA . DESCRICIÓN DO POSTO DE TRABALLO

A contratación formalizarase con un contrato laboral en réxime temporal a tempo completo (40 horas semanais), por un período de 12 meses prorrogables con un salario bruto anual entre 30.000 € – 35.000 €.

CUARTA. FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Os/As aspirantes deberán enviar no prazo designado, á dirección de correo electrónico info@atlanttic.uvigo.es, a seguinte documentación:

  • Carta de presentación en inglés
  • Currículum vitae
  • Proposta de plan de traballo para o desenvolvemento da tecnoloxía RadioUAV
  • Documentos acreditativos dos requisitos e méritos recollidos no CV.
  • O prazo de presentación das solicitudes finaliza o 11 de xaneiro de 2018 ás 21:00 CET

QUINTA. PROCEDEMENTO E RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA

Finalizado o período de presentación das solicitudes, elaborarase unha lista provisional de admitidos e excluídos, sendo notificados os aspirantes. Abrirase un prazo de 3 días para emendar os erros e enviar a documentación necesaria.

Transcorrido o período de emenda, elaborarase a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos.

A Comisión de Selección que valorará os méritos presentados polos/polas aspirantes, estará composta polo persoal investigador que participa no proxecto RadioUAV.

A comisión avaliará en dúas fases as candidaturas presentadas seguindo os criterios de valoración seguintes:

  • Curriculum vitae (40%).
  • Plan de traballo (40%).
  • Entrevista persoal (20%)

Fase 1: Valoración do CV e o plan de traballo. Fase 2: Entrevista

Finalizada a Fase 1, a comisión convocará aos candidatos que conten co perfil adecuado para a praza á entrevista persoal.

Completado o proceso de selección, notificaranse os resultados provisionais, establecendo un período de reclamación de 3 días. Vistas as reclamacións ou transcorrido o prazo sen que se presentase ningunha, a Comisión de Selección notificará os resultados definitivos.

No caso de que se evidencie a inadecuación dos méritos dos aspirantes ao perfil obxecto da convocatoria, a Comisión de Selección poderá declarar deserta de forma motivada a convocatoria de selección convocada.