Técnico de electrónica
Duración do contrato: 3 meses.
Salario: dependendo da valía do candidato

TAREFAS

O candidato realizará as seguintes tarefas:

  • Realización de cables de microelectrónica usando ferramentas de crimpado.
  • Deseño de dispositivos electrónicos sinxelos.
  • Montaxe manual de PCB con compoñentes electrónicos SMD.
  • Realización de probas funcionais e eléctricas.
  • Xestión de stock de compoñentes e equipamento de laboratorio

REQUISITOS

  • Formación Profesional Grao Medio ou Superior en Electrónica ou similar.
  • Os solicitantes deben seguir os procedementos de calidade do grupo para garantir o correcto funcionamento dos dispositivos. Para iso deben mostrar disposición ao seguemento dunha metodoloxía baseada en procedementos de calidade.
  • Os solicitantes deben ter experiencia previa nas seguintes áreas:
    • Manexo de ferramentas de montaxe de circuítos e cableado (crimpador, estación de soldadadura, etc.).
    • Realización de cables mediante crimpado e soldadura.
    • Realización de cables específicos para radiofrecuencia.
    • Manexo de instrumentación electrónica (polímetro, fontes de alimentación, osciloscopio).
    • Realización de montaxe de circuítos electrónicos SMD mediante soldadura manual.
    • Deseño de circuítos electrónicos mediante software de deseño asistido por ordenador (EDA).
    • Análise de circuítos e interpretación de esquemas eléctricos.
    • Control de inventario de compoñentes electrónicos.
    • Nivel medio-alto en lectura e escritura en inglés.
    • Experiencia de traballo en entornos EPA e cámaras limpas.

FORMA E PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Os/as solicitantes deberán enviar, no prazo designado, a seguinte documentación aos enderezos electrónicos: info@atlanttic.uvigo.es / faguado@tsc.uvigo.es

  • Carta de presentación
  • Curriculum vitae
  • Documentos que acrediten os requisitos e méritos recollidos no CV

O prazo de presentación das solicitudes remata o 18 de setembro de 2017 ás 14:00 horas

PROCESO DE SELECCIÓN

O proceso de selección será resolto por unha Comisión formada por profesores que estará composta polo persoal investigador que participa no proxecto. Evaluarase o expediente académico, a experiencia e poderá requerirse unha entrevista persoal.

Unha vez rematado o proceso de selección publicarase unha lista co nome da persoa seleccionada e as/os candidatas/os en reserva se os houbese.