No marco do proxecto europeo “LMPI – Licence, master professionnels pour le développement, l´a administration, la gestion, la protection des systèmes et réseaux informatiques dans les entreprises (2016-2019)” precísase o seguinte perfil:

Requisitos das/dos candidatas/os

  • Estudos superiores finalizados.
  • Coñecementos altos de inglés e francés.
  • Valoraranse coñecementos no ámbito do espazo europeo de educación superior.
  • Valoraranse coñecementos de proxectos universitarios internacionais.
  • Valorarase experiencia relacionada en tareas de tradución de documentación e correción lingüística.

Traballo a levar a cabo e condicións contractuais

  • Elaboración de materiais didácticos e divulgativos.
  • Colaboración lingüística en traballos científicos.
  • Diseminación internacional dos resultados de proxectos.
  • Duración: ata o 14/10/2019, en xornada de 20 horas semanais (adicación a tempo parcial).
  • Data estimada de incorporación: 15/02/2019.
  • Tipo de contrato: Contrato a tempo parcial (20h semanais).
  • Retribución: 700 € brutos mensuais.
  • Lugar de traballo: Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións, Universidade de Vigo.

Proceso de selección
Realizarase segundo o CV actualizado en base ao expediente académico e experiencia laboral.

O proceso selectivo será resolto por unha Comisión integrada polos membros docentes que traballan no contexto desde proxecto:

  • Ana Fernández Vilas
  • Manuel Fernández Veiga
  • Rebeca P. Díaz Redondo

As persoas interesadas deberán enviar a documentación requerida á dirección info@atlanttic.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Data límite de recepción de candidaturas: 28 de xaneiro de 2019, 21:00 CET
Publicación de listas de admitidos/excluidos e requerimento de documentación adicional: 29 de xaneiro de 2019.
Data límite de envío de documentación adicional: 01 de febreiro de 2019
(As persoas que se presenten á selección proporcionaráselle unha listaxe ca/o candidata/o seleccionada/o e as/os candidatas/os en reserva)