Data prevista de comezo do contrato: Inmediato
Duración: 12 meses prorrogables
Tipo de contrato: Xornada completa, 40 horas/semanais
Remuneración: a convir en función da experiencia e valía do candidato
Experiencia: ao menos 3 anos nos campos descritos
Lugar de traballo: E.E. de Telecomunicación, Campus da Universidade de Vigo

Descrición do traballo

O candidato integrarase inmediatamente nun grupo de investigación que desenvolve diferentes sistemas relacionados con sensores radio embarcado en vehículos non tripulados. En función dos resultados obtidos existe a posibilidade de que o candidato pase a formar parte, tras os 12 meses iniciais, do cadro de persoal da spin-off Raytrack.

As responsabilidades e tarefas específicas incluirán entre outras:

  • Soporte técnico a actividades comerciais
  • Colaboración en desenvolvemento de software e hardware específicos e adaptados ás necesidades do cliente
  • Soporte durante a realización de probas de cambpo cos sistemas desenvolvidos

Requisitos

  • Formación: Grao/Mestrado/Doutoramento en Enxeñería de Telecomunciación ou similar
  • Inglés: dominio oral e escrito, ao menos nivel B2
  • Outros:
    • Coñecementos de sistemas embebidos baseados en microcontroladores e sistemas tipo Raspberry Pi/Arduino
    • Programación en C, C++, Python, OpenCV
    • Coñecementos de SDR
    • Manexo de instrumentación básica (osciloscopio, fontes de alimentación) e avanzados (analizadores de espectro, analizadores de redes)
    • Experiencia con drons ou outros sistemas robóticos
    • Coñecementos básicos de procesado de sinal
    • Alta motivación e interés pola tecnoloxía
    • Motivación comercial

Criterios de valoración

  • Experiencia profesional (20%)
  • Formación e expediente académico (40%)
  • Entrevista persoal (40%)

As persoas interesadas deberán enviar o seu CV e carta de presentación ao enderezo bgvaldes@uvigo.es

Data límite de recepción de candidaturas 31 de xaneiro de 2020 21:00 CET