Xestionado pola Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacional e Cooperación da Universidade de Vigo
Tipo de contrato: Contrato por obra, xornada completa.
Data prevista de comezo do contrato: 01/04/2019
Data de remate: 31/08/2019
Salario Bruto mensual: 1300-1600 €, segundo a valía do candidato/a.
Lugar de traballo: Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións, Universidade de Vigo

Funcións do posto

Realización de actividades de apoio ao proxecto ADLES (Active Digital Learning Environments in Schools)

Titulación mínima requerida: Bachiller ou Técnico.

Méritos

  • Graduado en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicacións ou titulación semellante, ou faltar un 15% dos créditos para a obtención do título.
  • Manexo fluído en inglés. Valorarase estudos ou estadías en centros internacionais.
  • Capacidade de traballo en equipo.
  • Coñecemento de linguaxes de programación: Python, Java, C, C++.
  • Desenvolvemento de xogos e simulacións.
  • Capacidade para a elaboración de documentos técnicos.
  • Desenvolvemento de sistemas de e-learning.

Criterios de Avaliación

  • Experiencia profesional (20%)
  • Formación e expediente académico (40%)
  • Entrevista (40%)

A comisión seleccionará, se fose posible, un mínimo de dous candidatos para realizar unha entrevista presencial ou por medios telemáticos.

Comisión de avaliación

  • Presidente: Martín Llamas Nistal (Profesor Titular de Universidade, Depto. de Telemática, Universidade de Vigo)
  • Secretario: Manuel Caeiro Rodríguez (Profesor Contratado Doutor de Universidade, Depto. de Telemática, Universidade de Vigo)
  • Vogal: Fernando Ariel Mikic Fonte (Profesor Contratado Doutor de Universidade, Depto. de Telemática, Universidade de Vigo)

As persoas interesadas deberán enviar a documentación requerida á dirección info@atlanttic.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Data límite de recepción de candidaturas: 28 de febreiro de 2019, 21:00 CET