Data de inicio: 15 Maio 2019
Duración: 6 meses
Tipo de contrato: Xornada completa (40 horas semanais)
Remuneración: 1300 € /mes (Xornada completa)
Lugar de traballo: Edificio EET, Universidade de Vigo

Esta contratación está enmarcada dentro do proxecto “Sistema de trazabilidade a bordo para o peixe fresco” financiado pola OPP-F4 e realizado entre a Organización de Produtores de Pesca Fresca do Porto de Vigo e a Universidade de Vigo.

O proxecto pretende a implantación dun piloto demostrador dun sistema de trazabilidade de stock en bodega para o sector pesqueiro que recolla os requisitos establecidos no Real Decreto 418/2015, de 29 de Maio 2015.

Descrición do posto
As actividades que realizará o candidato dentro do proxecto centraranse no desenvolvemento dunha ferramenta software para control e seguimento en tempo real do stock de bodega disposto en contedores dotados de tecnoloxía RFID. O proxecto concluirá cunha etapa de posta en marcha dunha proba piloto para comprobar o funcionamento do software desenvolvido.

Algunhas das actividades a realizar son:

  • Soporte durante a etapa de estudo radioeléctrico.
  • Desenvolvemento de aplicacións para dispositivo móbil para xestión de stock.
  • Desenvolvemento de aplicación web para monitorización de stock en tempo real.
  • Piloto: proba de software e sistema completo.

Requisitos:

  • Titulación: Ter finalizado o estar no último curso de grao ou mestrado en Enxeñería Informática, Telecomunicacións ou semellante.
  • Inglés: Dominio oral e escrito. Recomendable ao menos nivel B1.

Imprescindible:

  • Coñecementos de linguaxes para desenvolvemento de aplicacións móbiles (Android, iOS).
  • Coñecemento de linguaxes para desenvolvemento de aplicacións web (Python, Django, HTTP, CSS, Javascript, SQL).

Outros:

  • Coñecementos de tecnoloxía RFID.
  • Os candidatos deben ter boas habilidades interpersoais e de comunicación. Capacidade de traballo autónomo e cooperativo.
  • Alta motivación, ganas de aprender e interese pola tecnoloxía.

Criterios de avaliación:

  • Experiencia profesional e/ou coñecementos prácticos (ata 30 puntos)
  • Formación (ata 40 puntos)
  • Entrevista (ata 30 puntos)

Os candidatos que acaden unha puntuación superior a 50 puntos nos apartados de experiencia profesional e formación serán seleccionados para realizar unha entrevista presencial ou por medios telemáticos.

Comisión de avaliación:

  • Presidente: Ana Vázquez Alejos (Profesora Titular de Universidade de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo)
  • Secretario: Manuel García Sánchez (Catedrático de Universidade de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo)

Os interesados deberán enviar á dirección info@atlanttic.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Data límite de recepción de candidaturas: 22 de abril de 2019, 21:00 CET