No marco do proxecto europeo Erasmus + KA2 CBHE  “LMPI – Licence, Master professionnels pour le développement, l’administration, la gestion, la protection des systèmes et réseaux informatiques dans les entreprises (2016-2019)” precísase o seguinte perfil:

Requisitos das/dos candidatas/os:

  • Estudos superiores finalizados de grao nas áreas de Enxeñaría de Telecomunicación, Enxeñaría Informática ou outras áreas afíns.
  • Coñecementos de inglés.
  • Coñecementos de programación.
  • Valoraranse coñecementos en tecnoloxías relacionadas coa simulación de redes.
  • Valoraranse coñecementos en metodoloxías de identificación de vulnerabilidades e análise de riscos.

Traballo a levar a cabo e condicións contractuais:

  • Elaboración de contornas de experimentación baseadas nun simulador de rede para prácticas en inxección de datos e en denegación de servicio distribuída.
  • Apoio ás actividades de execución do proxecto europeo Erasmus+ CBHE LMPI
  • Duración: ata 14 de Outubro 2019, en xornada de 20 horas semanais (adicación a tempo parcial). 
  • Data estimada de incorporación: 15 de Maio 2019. 
  • Retribución: 700 euros brutos mensuais.
  • Lugar de Traballo: Escola de Enxeñaría de Telecomunicación

Proceso de selección: 

  •  Realizarase segundo o CV actualizado en base ao expediente académico e experiencia laboral.
  •  O proceso selectivo será resolto por unha Comisión integrada polos membros docentes que traballan no contexto desde proxecto:  Ana Fernández Vilas, Manuel Fernández Veiga, Rebeca P. Díaz Redondo.

Datas:

  • Envío de solicitudes a: avilas@det.uvigo.es (Coordinadora del proceso LMPI)
  • Data límite de envío: 29 Abril  2019
  • Publicación de listas de admitidos/excluídos e requirimento de documentación adicional: 30 de Abril de 2019.
  • Data límite de envío de documentación adicional: 3 de maio  de 2019.
  • As persoas que se presenten a selección proporcionaráselle unha listaxe ca/o candidata/o seleccionada/o e as/os candidatas/os en reserva.