Tipo de contrato: Contrato por obra
Data prevista de comezo do contrato: 01/07/2019
Data de remate: 30/11/2020
Salario Bruto Anual: entre 17.000 e 19.000 euros brutos anuais dependendo da valía do candidato
Lugar de traballo: E.E. de Telecomunicación, Campus da Universidade de Vigo

Funcións do posto

Deseño de amplificadores de potencia para comunicacións na banda das microondas e avaliación de modelos non liñais de transistores e prototipos amplificadores empregando caracterización non lineal.

Requisitos

  • Título universitario Máster ou equivalente en enxeñaría de telecomunicacións.
  • Manexo fluído en inglés (nivel B2).
  • Experiencia previa, de alo menos 1 ano, nas funcións do posto: no deseño de amplificadores de potencia de microondas en tecnoloxías híbridas e/ou monolíticas, e a caracterización non lineal de transistores usando analizadores non lineais de redes e analizadores de espectro.
  • Permiso de residencia en España.

Criterios de valoración

  • Experiencia profesional (40%)
  • Formación (40%)
  • Entrevista (20%)

A comisión seleccionará, se fose posible, un mínimo de dous candidatos para realizar unha entrevista presencial ou por medios telemáticos.

Comisión de Avaliación

  • Presidente: Mónica Fernández Barciela (Profesor Titular de Universidade de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo)
  • Secretario: Fernando Isasi Vicente (Profesor Titular de Universidade de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo)
  • Vogal: Fernando Martín Rodríguez (Profesor Titular de Universidade de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo)

Os interesados deberán enviar su CV á dirección info@atlanttic.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto do mensaxe.
Data límite de recepción de candidaturas 7 de xuño de 2019 ás 21:00 CET