Data prevista de inicio de contrato: 29/07/2019
Data de remate: 31/07/2020
Tipo de contrato: Media xornada (20 horas semanais)
Remuneración: 700 € / mes (media xornada)
Lugar de traballo: Escola de Enxeñería de Telecomunicacións, Universidade de Vigo

Funcións do posto

Desenvolvemento de software frontend e backend para servizos de información baseados en semántica e modelos de crowdsourcing e crowd computing.

Requisitos

  • Título universitario preferiblemente en enxeñería de telecomunicacións (especialidade telemática), enxeñería informática, licenciatura informática ou afíns
  • Manexo fluído en inglés.
  • Experiencia previa en desenvolvemento con tecnoloxías web.

Criterios de avaliación

  • Experiencia profesional (40%)
  • Formación (40%)
  • Entrevista (20%)

A comisión seleccionará, se fose posible, un mínimo de dous candidatos para realizar unha entrevista presencial ou por medios telemáticos.

Comisión de Avaliación

  • Presidente: José Juan Pazos Arias (Catedrático de Universidade de Enxeñería Telemática da Universidade de Vigo)
  • Secretario: Martín López Nores (Profesor Contratado Doutor de Enxeñería Telemática da Universidade de Vigo)
  • Vogal: Alberto Gil Solla (Profesor Titular de Universidade de Enxeñería Telemática da Universidade de Vigo)

Os interesados deberán enviar su CV á dirección info@atlanttic.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto do mensaxe.
Data límite de recepción de candidaturas 8 de xullo de 2019 ás 21:00 CET