Data prevista de inicio de contrato: 1 de outubro de 2019
Duración do contrato: 6 meses, con posibilidade de prórroga
Tipo de contrato: Media xornada (20 horas semanais)
Remuneración: 800 € / mes (media xornada)
Lugar de traballo: Escola de Enxeñería de Telecomunicacións, Universidade de Vigo

Funcións do posto

O Grupo de Tecnoloxías Multimedia de atlanTTic busca incorporar unha persoa no marco das axudas de Grupos de Potencial Crecemento da Xunta de Galicia para traballos relacionados con desenvolvemento e integración de aplicacións web de sistemas de recoñecemento da fala.

Requisitos

  • Titulación mínima: Grao en TIC, con preferencia en Enxeñería de Telecomunicación.
  • Valoraranse estudos de mestrado en TIC.
  • Valoraranse coñecementos e destrezas en MySQL, html5, Python e JavaScript.

Criterios de avaliación

  • Formación (40%)
  • Outros coñecementos (30%)
  • Entrevista (30%)

A comisión seleccionará, se fose posible, a 2 persoas para realizar unha entrevista presencial ou por medios telemáticos.

Comisión de Avaliación

  • Presidente: Carmen García Mateo (Catedrática de Universidade de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo)
  • Secretario: José Luis Alba Castro (Profesor Titular de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo)
  • Vogal: Laura Docío Fernández (Profesora Contratada Doutora de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo)

Os interesados deberán enviar á dirección info@atlanttic.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto do mensaxe, o seu CV xunto cos expedientes académicos de grao e mestrado e unha carta de presentación.

Data límite de recepción de candidaturas 31 de xullo de 2019 ás 21:00 CET