Tipo de contrato: Contrato por obra
Data prevista de inicio de contrato: Agosto de 2019
Duración do contrato: 4 meses, con posibilidade de prórroga
Xornada: 40 horas semanais
Remuneración: aproximadamente 1400 € brutos mensuais
Lugar de traballo: Escola de Enxeñería de Telecomunicacións, Universidade de Vigo
Funcións do posto
O Grupo de Procesado de Sinal e Comunicacións de atlanTTic busca incorporar unha persoa para dirixir e realizar traballos de deseño e simulación de algoritmos para incorporar nun modem NB-IoT no que se está a traballar.
Requisitos
- Titulación mínima: Grao en TIC, con preferencia en Enxeñería de Telecomunicación.
- Valoraranse estudos de mestrado en TIC.
- Valoraranse coñecementos e destrezas en Matlab, Simulink, implementacións en punto fixo, optimización de recursos lóxicos.
- Inglés: dominio oral e escrito.
Criterios de avaliación
- Formación (ata 5 puntos)
- Outros coñecementos (ata 3 puntos)
- Entrevista (ata 3 puntos)
A comisión entrevistará (por vía presencial ou por medios telemáticos) a aquelas persoas que acaden máis de 5 puntos nos dous primeiros criterios.
Comisión de Avaliación
- Presidente: Fernando Pérez González (Catedrático de Universidade de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo)
- Secretario: Carlos Mosquera Nartallo (Catedrático de Universidade de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo)
- Vogal: Pedro Comesaña Alfaro (Profesor Titular de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo)
Os interesados deberán enviar o seu CV á dirección info@atlanttic.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto do mensaxe.
Data límite de recepción de candidaturas 15 de xullo de 2019 ás 13:00 CET