Tipo de contrato: Contrato por obra
Data prevista de inicio de contrato: 1 de setembro de 2019
Duración do contrato: ata o 31 de decembro de 2019
Xornada: 20 horas semanais
Remuneración: 700 € brutos mensuais
Lugar de traballo: Escola de Enxeñería de Telecomunicacións, Universidade de Vigo

No marco do proxecto europeo Erasmus + CBHE “ELEMEND: Electrical Energy Markets and Engineering Education (2017‐2020)” precísase o seguinte perfil:

Funcións do posto

Creación dunha aplicación para dispositivos pequenos (smartphones) que permita o consumo de contenidos educativos dentro do paradigma de microlearning.

Requisitos

  • Estudos superiores finalizados de grao nas áreas de Enxeñaría de Telecomunicación, Enxeñaría Informática ou outras áreas afíns. (Se o título foi outorgado por unha universidade estranxeira, compre presentar a homologación)
  • Coñecementos de inglés.
  • Coñecementos de programación.
  • Valoraranse coñecementos en tecnoloxías relacionadas coas plataformas educativas e o uso de contidos multimeda en entornos educativos.
  • Valoraranse coñecementos en desenvolvemento de aplicacións para dispostivos pequenos (smartphones).

Criterios de selección

Primeira fase: 50% formación académica, 15% experiencia profesional, 15% experiencia específica na temática da oferta e 20% idiomas.
Segunda fase: en caso de empate para as dúas mellores candidaturas: 60% da puntuación previa e 40% de entrevista.

Proceso de selección

Realizarase segundo o CV actualizado en base ao expediente académico e experiencia laboral.
O proceso selectivo será resolto por unha Comisión integrada polos membros docentes que traballan no contexto desde proxecto: Rebeca P. Díaz Redondo, Manuel Caeiro Rodríguez e Ana Fernández Vilas

Os interesados deberán enviar o seu CV á dirección info@atlanttic.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Data límite de recepción de candidaturas: 17 de xullo de 2019, 21:00 CET

Publicación de listas de admitidos/excluídos provisional e requirimento de documentación adicional: 18 de xullo de 2019. Haberá un prazo de reclamación de tres días hábiles, desde a publicación dos resultados provisionais.
Data límite de envío de documentación adicional: 22 de xullo de 2019.
Publicación da lista definitiva: 23 de xullo de 2019.
(As persoas que se presenten a selección proporcionaráselle unha listaxe ca/o candidata/o seleccionada/o e as/os candidatas/os en reserva)