Tipo de contrato: contrato por obra a tempo parcial, media xornada.
Data prevista de comezo do contrato: 01/11/2019
Data de remate: 30/09/2020 con posibilidade de prórroga
Salario Bruto Anual: 7.500 – 8.000 Euros segundo a valía do candidato
Lugar de traballo: E.E. de Telecomunicación, Campus da Universidade de Vigo.

Funcións do posto:

Deseño, desenvolvemento e integración de hardware de RF

Requisitos:

  • Título universitario en Enxeñería de Telecomunicación, preferiblemente especialidade electrónica.
  • Experiencia previa en deseño e desenvolvemento de hardware de RF
  • Experiencia previa en desenvolvemento de proxectos de I+D

Criterios de valoración:

  • Experiencia profesional (50%)
  • Formación (30%)
  • Entrevista (20%)

A comisión poderá entrevistar a aqueles candidatos con mellores puntuacións.

Comisión de Avaliación:

  • Presidente: Manuel García Sánchez, Catedrático de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo.
  • Secretario: Mª Edita de Lorenzo Rodríguez, profesora titular de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo
  • Vogal: Verónica Santalla del Río, profesora titular de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo

As persoas interesadas deberán enviar o seu CV ao enderezo info@atlanttic.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Data límite de recepción de candidaturas 20 de agosto de 2019 ás 21:00 CET