Data prevista de comezo do contrato: 16/09/2019
Data de remate: 15/02/2020 con posibilidade de continuidade.
Duración da xornada: tempo completo
Salario anual: 24.000 euros (coste total, gastos sociais incluídos)
Lugar de traballo: E.E. de Telecomunicación, Campus da Universidade de Vigo

Funcións do posto

Desenvolver labores de deseño e implementación de sistemas intelixentes aplicados ao ámbito sanitario facendo uso de Machine Learning e HRI (Human Robot Interaction).

Requisitos

  • Graduado en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación

Valorarase

  • Coñecementos de programación de aplicacións
  • Machine Learning

Criterios de valoración

  • Expediente académico (60%)
  • Bolsas de colaboración en centros e departamentos universitarios (10%)
  • Entrevista (30%)

A comisión poderá entrevistar a aqueles candidatos con mellores puntuacións.

Comisión de Avaliación

  • Presidente: Luis Anido Rifón, Catedrático de Enxeñería Telemática da Universidade de Vigo.
  • Secretario: Manuel J. Fernández Iglesias, profesor titular de Enxeñería Telemática da Universidade de Vigo
  • Vogal: Martín Llamas Nistal, profesor titular de Enxeñería Telemática da Universidade de Vigo

As persoas interesadas deberán enviar o seu CV ao enderezo info@atlanttic.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Data límite de recepción de candidaturas 20 de agosto de 2019 ás 21:00 CET