Convócase un proceso de selección para a contratación dun/ha enxeñeiro/a, mediante contrato en réxime temporal, como persoal de investigación e desenvolvemento para o proxecto AIDFORK.

AIDFORK é un proxecto financiado polo Programa Ignicia ao abeiro da Resolución da Axencia Galega de Innovación do 18 de abril de 2018 que busca impulsar os proxectos que se atopan nun estado de madurez tecnolóxica que xa superou a fase de investigación fundamental, a través da validación da tecnoloxía e a posterior transferencia ao mercado dos resultados. AIDFORK desenvolve tecnoloxías para a análise forense de contidos multimedia a partires da caracterización de artefactos inherentes ao seu proceso de adquisición ou causados por unha manipulación dos mesmos.

Tipo de contrato: contrato por obra e servizo
Data prevista de comezo do contrato: 01/09/2019
Duración: 10 meses
Salario Bruto Mensual: segundo experiencia e valía do/a candidato/a
Lugar de traballo: Grupo de Procesado do Sinal en Comunicacións (GPSC), E.E. de Telecomunicación, Campus da Universidade de Vigo

Nome do proxecto: AIDFORK

Funcións do posto

O/A candidato/a unirase ó equipo de traballo do proxecto AIDFORK para o desenvolvemento de tecnoloxías de análise forense de contidos multimedia e encargarase das seguintes tarefas:

  1. Validación en escenarios reais das ferramentas de análise forense deseñadas para a detección de manipulacións automáticas en imaxes e vídeos
  2. Desenvolvemento software das ferramentas de análise forense validadas
  3. Implementación de interfaces gráficas e xestión de repositorios

Requisitos

  • Título universitario preferiblemente en enxeñaría de telecomunicación ou similar.
  • Experiencia en programación en C++, Python e MATLAB.
  • Coñecemento de ferramentas e librarías de tratamento de imaxe a nivel programación.

Valorarase positivamente o coñecemento das librarías: OpenCV e FFmpeg.

Criterios de valoración

  • Experiencia profesional (Ata 2 puntos)
  • Formación (Ata 5 puntos)
  • Entrevista (Ata 3 puntos)

A comisión entrevistará a aqueles candidatos que alcancen máis de 5 puntos nos apartados de formación e experiencia profesional.

Comisión de Avaliación

  • Presidente: Fernando Pérez González (Catedrático de Universidade de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo)
  • Secretario: David Vázquez Padín (Investigador da Universidade de Vigo)
  • Vogal: Pedro Comesaña Alfaro (Profesor Titular de Universidade de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo)

Os/As interesados/as deberán enviar o seu CV á dirección info@atlanttic.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto do mensaxe.

Data límite de recepción de candidaturas 31 de xullo de 2019 ás 21:00 CET