Tipo de contrato: Contrato por obra
Data prevista de comezo do contrato: 16/10/2019
Data de remate: 30/04/2020 con posibilidade de continuidade.
Duración da xornada: tempo completo
Salario bruto mensual: entre 1.600 e 1.800 Euros segundo a valía do candidato
Lugar de traballo: E.E. de Telecomunicación, Campus da Universidade de Vigo

Funcións do posto

O Grupo de Tecnoloxías Multimedia de atlanTTic busca incorporar unha persoa no marco do proxecto do plan nacional SPEECH&SIGNS para traballos relacionados con investigación, desenvolvemento e intgración de solucións baseadas en visión por computador e aprendizaxe profundo para recoñecemento de lingua de signos.

Requisitos

  • Título universitario de grao ou mestrado, preferiblemente en Enxeñería de Telecomunicación, Física, Matemáticas ou informática
  • Manexo fluído en inglés
  • Experiencia previa nalgunha das funcións do posto
  • Bo coñecemento de ferramentas estatísticas e de IT
  • Valorarase coñecemento e desempeño en C/C++, Python, e librarías como OpenCV, Tensorflow, PyTorch
  • Valorarase a colaboración previa na elaboración e publicación de traballos de investigación

Criterios de valoración

  • Experiencia profesional (30%)
  • Formación (50%)
  • Entrevista (20%)

A comisión poderá seleccionar aos mellores candidatos para unha entrevista presencial ou por medios telemáticos.

Comisión de Avaliación

  • Presidente: José Luis Alba Castro, profesor titular de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo
  • Secretario: Laura Docío Fernández, profesora contratada doutora de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo
  • Vogal: Carmen García Mateo, catedrática de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo

As persoas interesadas deberán enviar o seu CV ao enderezo info@atlanttic.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Data límite de recepción de candidaturas 29 de setembro de 2019 ás 21:00 CET