Tipo de contrato: Contrato por obra
Data prevista de comezo do contrato: novembro de 2019
Data de remate: xuño de 2020 con posibilidade de continuidade.
Duración da xornada: tempo paricial, 20 horas/semana
Salario bruto anual: 8.400 Euros
Lugar de traballo: E.E. de Telecomunicación, Campus da Universidade de Vigo

Funcións do posto

Desenvolver labores de análise e simulación sobre sistemas de varias antenas a efectos de mellorar a capacidade de enlaces terrestrese e satelitais.

Requisitos

  • Graduado en Enxeñería en Tecnoloxías de Telecomunicación
  • Manexo en inglés

Valorarase

  • Bo manexo da ferramenta matemática Matlab
  • Bos coñecementos de comunicacións dixitais

Criterios de valoración

  • Experiencia relevante para o posto (30%)
  • Currículum Vitae(50%)
  • Entrevista (20%)

A comisión poderá entrevistar a aqueles candidatos coa mellor puntuación.

Comisión de Avaliación

  • Presidente: Carlos Mosquera Nartallo, catedrático de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo
  • Secretario: Roberto López Valcarce, profesor titular de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo
  • Vogal: Pedro Comesaña Alfaro, profesor titular de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo

As persoas interesadas deberán enviar o seu CV ao enderezo info@atlanttic.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Data límite de recepción de candidaturas 9 de outubro de 2019 ás 21:00 CET