Data prevista de comezo do contrato: 01/12/2018
Duración: 4 meses
Tipo de contrato: Media xornada (20 horas)
Remuneración: 500€ – 600€ brutos mensuais (media xornada)
Lugar de traballo: E.E. de Telecomunicación, Campus da Universidade de Vigo

Funcións do posto

A oferta enmarcase dentro do proxecto FireRS (acrónimo de wildFIRE Remote Sensing), do programa Interreg Sudoe que está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemeto Rexional (FEDER). Este proxecto ten como obxectivo proporcionar ás axencias de emerxencia e/o centros de coordinación una ferramenta innovadora para a detección e la xestión do lume mediante novas tecnoloxías. O conxunto se compón de sensores de terra, un picosatélite adicado, una estación de terra local e remota así como un centro de control da misión.

O candidato integrarase nun equipo multidisciplinar da Universidade de Vigo, para realizar actividades de deseño, fabricación e probas de equipos de soporte para a operación do satélite así como o seu mantemento.

Para a realización destas actividades terá que manexar instrumentación electrónica básica (polímetro, osciloscopio, fonte de alimentación, etc) e terá que documentar adecuadamente cada unha das actividades realizadas acorde á metodoloxía utilizada polo grupo de investigación.

Para o desenvolvemento deste traballo os requisitos principais que se buscan son:

  • Deseño de circuítos electrónicos sinxelos mediante software de deseño asistido por ordenador (EDA).
  • Realización de cables de microelectrónica mediante ferramentas de crimpado.
  • Manexo de equipamento de fabricación aditiva para a produción de pezas mecánicas sinxelas.
  • Montaxe manual de PCBs con compoñentes electrónicos SMD.
  • Realización de probas funcionais e eléctricas.
  • Xestión de stock de compoñentes e equipamento de laboratorio.

Requisitos

  • Titulación: Formación Profesional Grao Medio ou Superior en Electrónica ou semellante.
  • Inglés: Dominio oral e escrito. Recomendable alomenos nivel B1.
  • Outros:
    • Persoa altamente organizada e coidadosa que mostre disposición ó seguimento dos procedementos de calidade utilizados.
    • Manexo de instrumentación electrónica (polímetro, fontes de alimentación, osciloscopio).
    • Manexo de impresora 3D.
    • Experiencia de traballo en entornas EPA.
    • Utilización do sistema operativo Linux.
    • Os candidatos deben ter boas habilidades interpersoais e de comunicación. Capacidade de traballo autónomo e cooperativo dentro dun equipo diverso e internacional.

Criterios de Avaliación

  • Curriculum vitae (40%)
  • Experiencia específica (20%)
  • Entrevista (40%)

A comisión seleccionará un mínimo de dous candidatos para realizar unha entrevista presencial ou por medios telemáticos.

Comisión de avaliación

  • Presidente: Fernando Aguado Agelet (Profesor Titular de Universidade de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo)

As persoas interesadas deberán enviar a documentación requerida á dirección info@atlanttic.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Data límite de recepción de candidaturas: 9 de novembro de 2018, 21:00 CET