Data prevista de comezo do contrato: novembro de 2019
Data de remate: xaneiro de 2020 con posibilidade de prórroga
Duración da xornada: xornada completa, 40 horas/semana
Salario bruto anual: en función da valía do candidato
Lugar de traballo: E.E. de Telecomunicación, Campus da Universidade de Vigo

Funcións do posto

Deseño e implantación dun entorno software baseado en ferramentas open-source aplicadas á enxeñaría de sistemas e documentación automatizada para as actividades de enxeñería de sistemas no marco do proxecto europeo Innovative Wireless Power Devices Using Micro-Thermoelectric Generators Arrays (WiPTherm). Código: H2020-FETOPEN-2018-2019-2020-0 do programa Horizonte 2020.

Requisitos

  • Graduado en Enxeñería de Tecnoloxías de Telecomunicación, Informática, Aeroespaciais, Industrial, Física ou titulacións afíns
  • Manexo en inglés

Valorarase

  • Participación en proxectos de investigación baseados en satélites tipo cubesats
  • Selección, instalación e configuración de ferramentas open-source para documentación e enxeñaría de sistemas
  • Bos coñecementos de enxeñería de sistemas

Criterios de valoración

  • Experiencia relevante para o posto (40%)
  • Expediente académico (30%)
  • Entrevista (30%)

A comisión poderá entrevistar a aqueles candidatos coa mellor puntuación.

Comisión de Avaliación

  • Presidente: Fernando Aguado Agelet, profesor titular de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo
  • Secretario: Marcos Arias Acuña, profesor titular de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo
  • Vogal: Arno Formella, profesor contratado doutor deo departamento de informática da Universidade de Vigo

As persoas interesadas deberán enviar o seu CV ao enderezo info@atlanttic.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Data límite de recepción de candidaturas 13 de outubro de 2019 ás 21:00 CET