Data de inicio: xaneiro 2019
Duración: ata xuño 2019
Tipo de contrato: Tempo completo (40 horas)
Remuneración: 1.500,00 € brutos/ mes
Lugar de traballo: Escola de Enxeñaría Industrial, Universidade de Vigo

Esta contratación está enmarcada dentro do proxecto “Wildfire Picosatellite Constellation & UAVs Remote Sensing: Active fire mapping and management (FireRS – wildFIRE Remote Sensing)” do programa “Interreg SUDOE”.

O programa “Interreg Sudoe” forma parte do obxectivo europeo de cooperación territorial coñecido como “Interreg”, financiado a través dun dos fondos da política rexional europea: el Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER).

O proxecto “FireRS” é a creación dunha ferramenta capaz de detectar incendios forestais e proporcionar ós servicios de emerxencia imaxes do incendio, localización, predición de propagación, etc, todo elo en tempo real. O conxunto FireRS está formado por sensores infravermellos, unha flota de UAVs autónomos e un picosatélite dedicado á comunicación entre estes elementos e o centro de control que xestionará a información involucrada.

O obxectivo desta contratación é a simulación SRS e PSD do picostélite, o deseño dos mecanismos dos paneis solares e antenas, así como o sistema de movemento dos sensores de terra que intégranse dentro do proxecto FIRE-RS.

Descrición do posto

As actividades que realizará o candidato dentro do proxecto céntranse en:

  • Instalación dos prototipos nos emprazamentos de probas.
  • Recolección dos datos obtidos tras as probas e realizar os informes correspondentes.
  • Apoio técnico no deseño do sistema de movemento dos sensores de terra.
  • Probas de sensores de detección remota.
  • Coordinación e presentación dos documentos xustificativos.

Requisitos

  • Estudos: Estar en posesión do título de Enxeñeiro Mecánico.
  • Outros:
    • Valorarase ter experiencia en participación de proxectos de investigación.
    • Deseño CAD.
    • Experiencia na xestión de proxectos.
    • Os candidatos deben ter boas habilidades interpersoais e de comunicación. Capacidade de traballo autónomo e cooperativo dentro dun equipo diverso e internacional.

Criterios de Avaliación

  • Experiencia profesional (ata 50 puntos)
  • Formación (ata 30 puntos)
  • Entrevista (ata 20 puntos)

Os candidatos que acaden unha puntuación superior a 50 puntos nos apartados de experiencia profesional e formación serán seleccionados para realizar unha entrevista presencial ou por medios telemáticos.

Comisión de avaliación

  • Presidente: Fernando Aguado Agelet
  • Secretario: Pablo Izquierdo Belmonte
  • Vogal: Enrique Casarejos Ruiz

As persoas interesadas deberán enviar a documentación requerida á dirección info@atlanttic.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Data límite de recepción de candidaturas: 19 de novembro de 2018, 21:00 CET