Data prevista de comezo do contrato: 01/01/2019
Data de remate: 29/12/2019
Tipo de contrato: Contrato por obra.
Salario Bruto mensual: aprox 1300€
Lugar de traballo: Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións, Universidade de Vigo

Nome do proxecto

PALLAS

Funcións do posto

Investigación, deseño e desenvolvemento de solucións de learning analytics, particularmente relativas á aprendizaxe autorregulada e blended. O candidato realizará actividades relativas á revisión do estado da arte, proposta de experimentos e experiencias, desenvolvemento de sistemas e aplicacións software e data analytics.

Requisitos

  • Título universitario preferiblemente en Enxeñaría de Telecomunicacións.
  • Manexo fluído en inglés. Valorarase estadías en centros de investigación internacionais de prestixio.
  • Experiencia previa nas funcións do posto.

Criterios de Avaliación

  • Experiencia profesional (50%)
  • Formación (30%)
  • Entrevista (20%)

A comisión seleccionará, se fose posible, un mínimo de dous candidatos para realizar unha entrevista presencial ou por medios telemáticos.

Comisión de avaliación

  • Presidente: Martín Llamas Nistal (Profesor Titular de Universidade, Depto. de Telemática, Universidade de Vigo)
  • Secretario: Manuel Caeiro Rodríguez (Profesor Contratado Doutor de Universidade, Depto. de Telemática, Universidade de Vigo)
  • Vogal: Fernando Ariel Mikic Fonte (Profesor Contratado Doutor de Universidade, Depto. de Telemática, Universidade de Vigo)

As persoas interesadas deberán enviar a documentación requerida á dirección info@atlanttic.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Data límite de recepción de candidaturas: 26 de novembro de 2018, 21:00 CET