Con motivo do Día Internacional das rapazas nas TIC, a nosa investigadora Sonia Valladares, participou nunha xornada celebrada no CESGA coa finalidade de promover vocacións tecnolóxicas femininas. Dentro da xornada, ademáis do coloquio con varias investigadoras que traballan no ámbito das TIC e diferentes obradoiros, fíxose público o fallo do concurso ApuntasTech.

Sonia Valladares na xornada

O día internacional das rapazas nas TIC é unha celebración de ámbito internacional para motivar ás novas xeracións de rapazas a considerar as TIC para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional. O lema escollido para a celebración deste ano é “Amplía horizontes, cambie as actitudes”.