Dous premios para investigadores de atlanTTic na XXXIX edición dos premios Enxeñeiros de Telecomunicación que outorga o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación (COIT) xunto coa Asociación Española de Enxeñeiros de Telecomunicación (AEIT).

Premios COIT

Reunido o 24 de Maio de 2019, o Xurado dos Premios aos Mellores Proxectos Fin de Carreira, Traballos Fin de Mestrado, Teses de Doutoramento e Mellores Traxectorias Académicas en Enxeñería de Telecomunicación, decidiu conceder os seguintes premios aos investigadores de atlanTTic:

  • Premio AIRBUS SECURE LAND COMMUNICATIONS ao mellor traballo fin de mestrado en comunicacións seguras e seguridade para Vlad Dragos Darau polo traballo realizado en colaboración co grupo GPSC de atlanTTIc “Temporal localization of videos based on massive ENF processing” dixido por D. Fernando Pérez Gonzáez
  • Premio HUAWEI á mellor traxectoria académica para Pablo Fondo Ferreiro, investigador do grupo GTI de atlanTTic.

Máis información: COIT