Data de comezo: 01/06/2018
Duración: 6 meses, posibilidade de renovación.
Remuneración: 25.000 €-30.000 € dependendo da cualificación
Lugar de traballo: Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, Universidade de Vigo

Descrición do posto

A persoa candidata coordinará o equipo de operacións do grupo aeroespacial da Universidadd de Vigo, incluíndo a especificación de novos desenvolvementos de software dos segmentos espacio e terreo.

As responsabilidades e tarefas específicas incluirán:

  • Definición da operación dos satélites desenvoltos polo grupo.
  • Especificación de software desenvolto para segmentos de espacio e terra
  • Soporte durante o desenvolvemento de probas internas de software.
  • Coordinación e especificación de probas end-to-end (E2E) entre elementos de software.
  • Coordinación e especificación de probas de sistema, tales como Test-like-you-flight (TLYF).
  • Coordinación do equipo durante a fase de operacións dos satélites da agrupación.

Requisitos

  • Titulación: Aerospacial, Telecomunicacións ou similar.
  • English: Dominio oral e escrito. Alomenos nivel B2.
  • Outros:
    • 5 anos de experiencia en operacións de satélites
    • Experiencia no deseño de sistemas satelitales
    • Experiencia en procesos de probas de software.
    • As persoas candidatas deben ter boas habilidades interpersoais e de comunicación. Capacidade de traballo autónomo e cooperativo dentro dun equipo diverso e internacional.

Criterios de Avaliación

  • Curriculum vitae (50%)
  • Experiencia específica (20%)
  • Entrevista (30%)

A comisión avaliadora seleccionará 3 candidatos/as para unha entrevista presencial ou por medios telemáticos.

Comisión de avaliación

  • Presidente: Fernando Aguado Agelet (Profesor Titular de Universidade de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo)

As persoas interesadas deberán enviar a documentación requerida á dirección info@atlanttic.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Data límite de recepción de candidaturas: 18 de maio de 2018, 21:00 CET