Por segundo ano consecutivo, o investigador Francisco Javier Díaz Otero, coordinará un Doutoramento Industrial Europeo no ámbito da fotónica integrada, dentro das accións Marie Curie de Redes Europeas de Formación (ITN).

fran díaz

.
DRIVE-In (Integrated Photonics for the next generation of autonomous Vehicles using InP technologies) é unha iniciativa de catro anos de druación enmarcada no Programa Horizonte 2020 e que ten o obxectivo de proporcionar formación a catro investigadores novos no campo da fotónica integrada fomentando a súa aplicación na industria automotriz a través do desenvolvemento de novos kits e ferramentas de simulación software para facilitar a súa integración.

Fonte: DUVI