Máis de 30 persoas participaron esta semana na 5º xuntanza do equipo técnico da Science and Technology Organization da OTAN, un organismo que estuda os beneficios da xestión da firma radar dos buques.

Evento OTAN Marín

No evento, organizado por membros do grupo COM de atlanTTic, participaron representantes de países da OTAN como UK, Francia, Holanda, Alemaña, Noruega, Finlandia, Turquía e Canadá.

Durante a xornada presentáronse as capacidades de dous novos sistemas de medida de firmas radar (DIAR) e infravermella (DIFI), financiados pola Dirección Xeral de Armamento (DGAM) e desenvolvidos pola Universidade de Vigo.

Máis información: DUVI