Tipo de contrato: Contrato por obra
Data prevista de comezo do contrato: 01/03/2018
Data de remate: 30/11/2018, con posibilidade de renovacións de carácter anual
Salario Bruto Anual:16.000 €-18.000 € segundo valía do candidato
Lugar de traballo: E.E. de Telecomunicación, Campus da Universidade de Vigo

Funcións do posto

A persoa seleccionada traballará como enxeñeiro de proxectos de investigación en tratamento de imaxes multimedia aplicadas a análise forense, con dedicación ao deseño e implementación de algoritmos de extracción e detección de pegadas de cámaras dixitais e na extracción de pegadas no sinal de luminancia en vídeo.

Requisitos

  • Título universitario, preferiblemente en Enxeñería de Telecomunicación ou titulación afín
  • Manexo fluído en inglés
  • Experiencia previa nalgunhas das funcións do posto
  • Coñecementos de procesado de imaxe e vídeo
  • Bo coñecemento dos paquetes de procesado de imaxe e procesado estatístico en Matlab

Criterios de valoración

  • Experiencia profesional (ata 50 puntos)
  • Formación (ata 30 puntos)
  • Entrevista (ata 20 puntos)

Os candidatos que acaden unha puntuación superior a 50 puntos nos apartados de experiencia profesional e formación serán seleccionados para realizar unha entrevista presencial ou por medios telemáticos.

Comisión de Avaliación

  • Presidente: Fernando Pérez González (Catedrático do Departamento de Teoría do Sinal da Universidade de Vigo)
  • Secretario: Pedro Comesaña Alfaro (Profesor Titular do Departamento de Teoría do Sinal da Universidade de Vigo)
  • Vogal: Carlos Mosquera Nartallo (Catedrático do Departamento de Teoría do Sinal da Universidade de Vigo)

Os interesados deberán enviar a documentación requerida á dirección info@atlanttic.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Data límite de recepción de candidaturas 2 de febrero de 2018, 21:00 CET