Proceso de selección para a contratación de persoal de investigación para o proxecto do programa Innova-Peme (Xunta de Galicia) no ámbito das solucións intelixentes de analítica de texto.

Data estimada de incorporación: 15 de marzo de 2018
Duración: 9 meses.
Remuneración: Contrato laboral cunha dotación de 1400 € brutos/mes (40 h.)

Descrición do posto

Desenvolvemento de módulos de análise de texto e sentimento a incorporar na lóxica da empresa 2Mares Demil S.L

Requisitos

  • Estudos finalizados de Grao en áreas da Enxeñaría de Telecomunicación, Enxeñaría Informática ou graos afíns
  • Recentemente titulados e/ou 2-3 anos de experiencia
  • Coñecemento en linguaxes de programación .NET, C#
  • Valolaranse coñecementos de BBDD (SQL Server, …)
  • Interesados en incorporarse a 2Mares ó remate do proxecto de I+D.
  • Capacidade de traballo en equipo e de elaboración de documentación técnica
  • Nivel de inglés alto

Criterios de avaliación

  • Curriculum vitae (50%)
  • Experiencia específica (30%)
  • Entrevista (20%)

Comisión de Avaliación

  • Presidente: Ana Fernández Vilas (Profesor Titular, Enxeñaría Telemática, Universidade de Vigo)
  • Secretario: Rebeca P. Díaz Redondo (Profesor Titular, Enxeñaría Telemática, Universidade de Vigo)
  • Vogal: Manuel Fernández Veiga (Profesor Titular, Enxeñaría Telemática, Universidade de Vigo)

Publicarase unha lista coa persoa seleccionada e os/as candidatos/as en reserva.

As persoas interesadas deberán enviar a documentación requerida á dirección info@atlanttic.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Data límite de recepción de candidaturas: 7 de marzo de 2018, 21:00 CET

Desierta por falta de candidatos