Unha xonada divulgativa deu a coñecer o potencial da Univerisdade de Vigo na prevención e loita contra os incendios forestais, xa que na actualidade están en marcha tres grandes proxectos de investgiación que empregan diferentes ferramentas para loitar contra os incendios: LifeTEC, Fire-RS e Topacio.

O equipo de investigación do primeiro deles organizou este venres unha xornada divulgativa para “presentar o proxecto, pero fundamentalmente para que se coñeza en xeral o que estamos facendo non só nós, senón dende a Universidade de Vigo en xeral”, explicaba Verónica Santalla, investigadora principal de LifeTEC e membro do Grupo de Sistemas de Radio (atlanTTic). Por este motivo, apostaron por organizar unha xornada con relatorios, mesas redondas e intercambio de experiencias entre participantes dos tres proxectos, representantes de administracións públicas, do sector forestal e de entidades implicadas na loita contra os incendios, como os bombeiros.

Xornada LifeTEC

A xornada arrancou coas ponencias de José Ignacio Lema, da Axencia Galega da Industria Forestal), que falou sobre a cadea de valor monte-industria en Galicia e a importancia socio-económica dun sector que “representa o 47% de toda a madeira cortada en España”, e de Julia Armesto, profesora da Escola de Enxeñería Forestal de Pontevedra, que falou sobre o potencial dos satélites Sentinel-2 na avaliación rápida do impacto dos incendios forestais. Tras isto, comezaron as presentación dos tres proxectos, en concreto, LifeTEC, que se basea no uso de comunicacións e radar na loita contra os incendios forestais; Fire-RS na teledetección de lumes e Topacio, que usa sensores xeoespaciais para a mellora da xestión forestal na contorna viaria.

Máis información: DUVI