Tipo de contrato: Contrato por obra

Data prevista de comezo do contrato: Marzo 2021

Data de remate: 31/10/2021, con posibilidade de prórroga

Salario Bruto Anual: 22.000 – 26.000 EUR, en función do/a candidato/a

Lugar de traballo: E.E. de Telecomunicación, Campus da Universidade de Vigo

Funcións do posto

  • Apoio á interlocución con administracións, empresas e outras organizacións
  • Apoio á dirección do centro na promoción e preparación de novas iniciativas e proxectos de investigación
  • Apoio a captación de fondos europeos
  • Apoio a organización de eventos científico-tecnolóxicos do centro
  • Monitorización da actividade científica do centro

Requisitos

  • Título universitario
  • Manexo en inglés
  • Experiencia previa polo menos nunha das funcións do posto
  • Bo coñecemento de ferramentas IT

Criterios de valoración

  • Experiencia profesional (40%)
  • Formación (30%)
  • Entrevista (30%)

A comisión poderá entrevistar aquelas candidaturas con mellor puntuación, así como deixar a praza deserta se ningún candidato/a supera os 40 puntos nos apartados de experiencia profesional e formación.

Comisión de Avaliación

  • Presidente: Martín Llamas Nistal (Director de atlanTTic)
  • Secretario: José Luis Alba Castro
  • Vogal: José Pazos Arias

Os interesados deberán enviar o anexo II asinado e a documentación que se indica neste á dirección info@atlanttic.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Data límite de recepción de candidaturas 31 de xaneiro ás 21:00 CET

Anexo I 

Anexo II

Convocatoria completa