Data prevista de comezo do contrato: xullo 2020
Duración: ata novembro de 2020, con posibilidade de prórroga (segundo posible prórroga do proxecto correspondente)
Tipo de contrato: Xornada parcial, 25 horas/semanais
Salario bruto: 1.023 euros brutos mensuais
Lugar de traballo: E. E. Telecomunicacións, Universidade de Vigo

Funcións do posto:

A persoa contratada participará no proxecto BEWATS (Beach Waste Tracking System) realizando as seguintes funcións:

  • Estudo e mellora de software de análise de imaxes obtidas por dorns
  • Planificación e execución de voos de dron en praias
  • Análise dos datos obtidos nos citados voos

Requisitos:

  • raduado en Enxeñería de Telecomunicación, Industrial ou Informática ou Graduado en Ciencias Físcias
  • Coñecementos de programación

Valorarase:

  • Experiencia no desenvolvemento de aplicacións de procesado dada imaxe e/ou visión artificial
  • Posuír a licencia de piloto profesional de drons (aernoaves telecomandadas ata 2kg)
  • Coñecementos de teledetección e fotogrametría

Criterios de valoración:

  • Experiencia relevante para o posto (50%)
  • Formación (30%)
  • Entrevista (20%)

A comisión poderá convocar a aqueles candidatos que acaden as maiores puntuacións para unha entrevista por medios telemáticos.

Comisión de Avaliación:

  • Presidente: Fernando Martín Rodríguez, profesor titular de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo
  • Secretario: Fernando Isasi de Vicente, profesor titular de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo
  • Vogal: Mónica Fernández Barciela, profesora titular de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo

As persoas interesadas deberán enviar o seu CV ao enderezo info@atlanttic.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Data límite de recepción de candidaturas 14 de xuño de 2020 ás 21:00 CET