Data prevista de inicio de contrato: a partir de 01/10/2020 (cando sexa posible)

Data de remate: 31/05/2021 con posibilidade de prórroga

Tipo de contrato: Contrato por obra
Salario Bruto Anual: 21.000 – 25.000 EUR, en función dos méritos do candidato/a
Lugar de traballo: E.E. de Telecomunicación, Campus da Universidade de Vigo e teletraballo en caso necesario

Funcións do posto:

A persoa seleccionada traballará como Persoal Investigador nos seguintes ámbitos:
a) Desenvolvemento e implementación de códigos de inversión electromagnética baseados en Radar de Apertura Sintética e Compressive Sensing
b) Medidas de caracterización de sistemas radar
c) Integración de sistemas de adquisición (captura e rexistro de datos) en laboratorio para aplicacións específicas vinculadas á medida de sinais de comunicación e radar.
d) Integración de sistemas de adquisición para medidas en campo baseado en sistemas embebidos
e) Implementación de códigos de inversión electromagnética usando FPGAs

Requisitos:

  • Título universitario de doutor, preferiblemente cun perfil en enxeñaría de telecomunicacións.
  • Manexo fluído en inglés.
  • Experiencia no desenvolvemento de software de procesado e simulación de datos electromagnéticos en MATLAB e Python multiplataforma (Windows e Linux).
  • Coñecemento de sistemas embebidos baseados en microcontroladores e sistemas tipo Raspberry Pi/Arduino.
  • Programación en C, C++, Python, OpenCV.
  • Coñecementos sobre SDR.
  • Manexo de instrumentación básica (Osciloscopio, fontes de alimentación) e avanzada (Analizadores de espectro, analizadores de redes).
  • Experiencia en realización de tests HW/SW sobre compoñentes individuais e de integración con outros elementos.
  • Experiencia con drones ou outros sistemas robóticos.
  • Coñecementos especializados de procesado de sinal.
  • Alta motivación e interese pola tecnoloxía.
  • Motivación comercial
  • Experiencia en integración de sistemas de adquisición e agregación sincronizada de fontes de datos (sinais dixitalizadas, datos de xeoposicionamento e unidades inerciais, vídeo/imaxes).

Criterios de avaliación:

  • Experiencia investigadora no ámbito das función do posto (50%)
  • Formación (30%)
  • Outra experiencia profesional e valoración da entrevista (se procede) (30%)

A comisión, en caso necesario, poderá preseleccionar candidaturas para realizar unha entrevista presencial ou por medios telemáticos.

Comisión de avaliación:

  • Presidente: Antonio Pino García, Catedrático de Universidade de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo
  • Secretario: Marcos Arias Acuña, Profesor Titular de Universidade de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo
  • Vogal: Oscar Rubiños López, Catedrático de Universidade de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo

As persoas interesadas deberán enviar o seu CV, e unha carta de presentación (formato PDF, máximo dúas páxinas), á dirección arco@com.uvigo.es, indicando a referencia “Investigador posdoutoral en sistemas radar e inversión electromagnética” no asunto da mensaxe.

Prazo de presentación: 10 días naturais tras a publicación da oferta.