O Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación atlanTTic organiza o seminario web ‘Tecnoloxía e comunicación sen barreiras’, sobre como a tecnoloxía innovadora podería facilitar a comunicación entre persoas xordas e oíntes. A xornada virtual celebrarase o 22 de xullo de 2020 e busca ser un punto de encontro entre asociaciónes de persoas xordas, investigadores e empresas para tratar conxuntamente os posibles casos de usos das novas tecnoloxías. Ademais, neste webinar darase a coñecer o proxecto Speech&Signs no que o Grupo de Tecnoloxías Multimedia (GTM) de atlanTTic leva máis dun ano traballando.

O formato será videoconferencia a través de Zoom, onde haberá unha ventá adicional para a persoa que esté interpretando e as persoas poderán participar no mesmo grazas ao chat de texto. Poderase acceder desde calquera dispositivo móbil (ordenador, smartphone ou tablet), pero o servizo de interpretación a LSE só estará dispoñible mediante conexión desde un PC ou Mac.

Programa da xornada

11.00-11.05 h Presentación. Carmen García Mateo, Universidade de Vigo.

11.05-11.15 h Presentación do proxecto de investigación Speech&Signs. Grupos GTM-GRADES UVigo. José Luis Alba-Castro.

11.15-11.25 Tecnoloxía para un mundo mellor. Teo Atienza Cañada, CoFounder & CEO Showleap Technologies.

11.25-11.35 h Que esperan as persoas xordas da tecnoloxía? Iker Sertucha Lista, presidente da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG).

11.35-11.45 h O estado da accesibilidade para persoas xordas en España. Retos por diante. Programas en funcionamento. Isabel Cabo Guerra, responsable de accesibilidade da Confederación Estatal de Personas Sordas (CNSE).

11.45-12.00 h Debate e preguntas das persoas participantes en remoto.

Inscricións

Descargar programa