AidFork organiza unha xornada sobre identidade dixital e ciberseguridade

AidFork, a iniciativa de análise forense do centro atlanTTic da Universidade de Vigo, organizou para este mércores día 28 un seminario en liña aberto ao público no que afondar en diferentes temáticas relacionadas coa identidade dixital, a privacidade e a seguridade da información. Digital Identity, Data Privacy & Authentication: A multifaceted overview é o nome deste seminario web que reunirá ás diferentes partes interesadas da industria, do ámbito académico e do ámbito gubernamental que desempeñan un papel clave na transformación dixital.

Detrás da organización deste seminario está o Grupo de Procesado de Sinal en Comunicacións da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, integrado en atlanTTic, e responsable tamén de AidFork. O obxectivo deste evento é amosar a necesidade de establecer colaboracións e xerar diálogo arredor da importancia de confiar na tecnoloxía multimedia.

Ler a noticia no DUVI