Foro Tecnolóxico de Emprego: conferencia de atlanTTic

Este ano atlanTTic volve ao Foro Tecnolóxico de Emprego da Universidade de Vigo.

Dende o 28 de febreiroata o xoves 2 de marzo, estaremos no Foro Tecnolóxico, organizado polo alumnado das Escolas de Enxeñaría da Universidade de Vigo. Unha iniciativa que reúne ás empresas do sector tecnolóxico e ao alumnado universitario.

  • Miguel Álvarez Iglesias, Bruno Seoane, Ainhoa Morales, Juan José López Escobar e Andrea Busto Castiñeira, ofrecerán unha conferencia na Escola de Enxeñaría Industrial (aula Audiovisuais) o mércores 1 de marzo, de 10:30 a 11:35 h.

Durante as súas intervencións achegarán o seu traballo e os proxectos que desenvolven aos estudantes.

  • Ademais, tamén estaremos nas entrevistas rápidas de “Speed recruiting”.

Non perdas esta oportunidade! Consulta os horarios e localizacións de todas as actividades en: forotecnoloxico.net