Sociedade dixital e xénero: Hackeando o patriarcado

A Cátedra de Feminismos 4.0, impulsada pola Deputación de Pontevedra a a Universidade de Vigo, celebra o próximo 18 de novembro a terceira edición do workshop Sociedade dixital e xénero. Hackeando o patriarcado, co obxectivo de manter activo un espazo de reflexión colectiva ao redor do denominado “patriarcado dixital”. Este ano o lema é Intelixencia artificial feminista fronte aos algoritmos machistas.

O workshop celébrase en formato semipresencial, con sede na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e retransmisión en liña a través da canle 3 de UVigoTV.

Inscrición para a xornada: https://bit.ly/InscricionWorkshop

Inscricións para o obradoiro: https://bit.ly/InscricionWikigap