Universidade de Vigo

Pazos Arias, José Juan

Contact
Despacho B-405

Enxeñeiro de Telecomunicación (1987) pola Universidade Politécnica de Madrid (UPM) e Doutor Enxeñeiro de Telecomunicación (1995) polo Departamento de Enxeñería de Sistemas Telemáticos da UPM. Desde 2009 ocupa unha praza de Catedrático de Universidade no Departamento de Enxeñería Telemática da Universidade de Vigo. Participou en numerosos proxectos de investigación de ámbito nacional e internacional no desenvolvemento de novos servizos e aplicacións para a Sociedade da Información. Foi autor duns 200 artigos en revistas, capítulos de libros e congresos de relevancia de ámbito internacional. Foi director de oito teses doutorais e de máis de trinta proxectos de fin de carreira. Foi director do Departamento de Enxeñería Telemática desde a súa fundación no 2001 ata xullo de 2004. Nos últimos anos, a súa actividade de investigación orientouse cara ao desenvolvemento de tecnoloxías transversais, de aplicación en calquera ámbito e tamén para calquera formato no que se atope a información. Neste ámbito, conseguiu resultados relevantes nas áreas de personalización, adaptación e recomendación de contidos, baseado en tecnoloxías semánticas.