Universidade de Vigo

Quantum Safe Internet (QSI)

Year: 2022

Principal researcher: Marcos Curty Alonso

Financing: Unión Europea, HORIZON-MSCA-2021-DN-01

Period: 01/10/2022 - 30/09/2026

ID: 101072637

https://qsi.uvigo.es/

QSI é unha rede de doutoramento MSCA-DN que ten como obxectivo capacitar a unha cohorte de investigadores doutorais para dar os seguintes pasos esenciais na área da ciberseguridade. A través do desenvolvemento de tecnoloxías novas na investigación de esquemas criptográficos cuánticos para redes cuánticas e a distribución de claves cuánticas con seguridade e prestacións melloradas, prevese alcanzar aplicacións prácticas para garantir a seguridade dos datos.

Paralelamente, cun enfoque interdisciplinario colaborativo a longo prazo, combinarase a experiencia en todas as comunidades relevantes para abordar os problemas fundamentais nas comunicacións seguras na era cuántica e as aplicacións importantes nela.

O consorcio do proxecto inclúe outras 6 universidades europeas de excelencia (Sorbonne Universite, Universita degli Studi dei Padova, Ruhr-Universitaet Bochum, Universiteit Van Amsterdam, Technische universiteit eindhoven, Danmarks tekniske universitet), distribuídas en 5 países.