Universidade de Vigo

TRUstworthy Multi-site Privacy Enhancing Technologies (TRUMPET)

Year: 2022

Principal researcher: Fernando Pérez González

Financing: Unión Europea, HORIZON-CL3-2021-CS-01

Period: 01/10/2022 - 30/09/2025

ID: 101070038

https://trumpetproject.eu/

O obxectivo de TRUMPET é o de investigar e desenvolver novos métodos de mellora da privacidade para a aprendizaxe federada e ofrecer unha plataforma de servizos de IA federada escalable para a análise de conxuntos de datos transfronteirizos europeos. As garantías de privacidade da plataforma serán validadas para o escenario de datos de cancro provenientes de diferentes hospitais europeos. Un obxectivo secundario é investigar, desenvolver e promover coas autoridades de protección de datos da UE, unha métrica e unha ferramenta novas para a certificación do cumprimento de GDPR das implementacións da aprendizaxe federada.

O consorcio interdisciplinar está composto por 9 socios de 5 países (España, Francia, Bélxica, Italia e Israel), entre os que se atopan diferentes entidades: 3 organismos de investigación, 1 Universidade, 3 PEMES e 2 socios clínicos, todos con ampla experiencia e coñecementos para garantir o correcto desempeño das actividades e a consecución dos resultados.