ATL0222. Investigador/a Radar

Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato por obra ou servizo
Xornada: Completa
Horas por semana: 40
Data prevista de comezo do contrato: 25 de marzo de 2022
Data de remate: 30 de setembro de 2022, con posibilidade de prórroga
Remuneración: 1.500 euros brutos mensuais
Lugar de traballo: E.E. de Telecomunicación, Campus da Universidade de Vigo

Funcións do posto de traballo

  • Desenvolvemento de algoritmos para radar meteorolóxico.

Requisitos

  • Grao en Enxeñaría de Telecomunicación.
  • Nivel B2 o superior de inglés.
  • Valorarase a experiencia previa en procesado de sinal radar.

Criterios de avaliación

  • Experiencia profesional (40%).
  • Formación (40%).
  • Entrevista (20%).

A comisión poderá convocar aos candidatos e ás candidatas con máxima valoración profesional e de formación para realizar unha entrevista presencial ou por medios telemáticos. No caso de que o comité de avaliación considere que ningunha persoa candidata cumpre os requisitos mínimos esixidos, a praza poderá declararse deserta.

Comité de avaliación

  • Presidenta: María Vera Isasa, Profesora Titular.
  • Secretaria: Verónica Santalla del Río, Profesora Titular.
  • Vogal: Manuel García Sánchez, Catedrático de Universidade.

As persoas interesadas deberán enviar o anexo II asinado e a documentación que se indica neste á
dirección personal@atlanttic.uvigo.es indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Data límite de recepción de candidaturas: 24 de xaneiro de 2022 ás 21:00 CET.

Convocatoria completa

ANEXO I – Oferta

ANEXO II – Impreso de solicitude

Resolución

Listaxe definitiva de admisión

Proposta provisional de selección. Prazo de reclamacións: 14 de febreiro de 2022

Listaxe definitiva de selección