ATL0422. Investigador/a Proxecto COPERIA

Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato por obra ou servizo
Xornada: Completa
Horas por semana: 40
Data prevista de comezo do contrato: 15/03/2022
Data prevista de remate: 30/04/2023
Remuneración: entre 1.700,00 € e 1.850,00 €, en función da valía do/a candidato/a (retribución bruta mensual + prorrateo pagas extras)
Lugar de traballo: E.E. de Telecomunicación, Campus da Universidade de Vigo

Referencia do proxecto: COPERIA – Desarrollo y validación clínica de una plataforma multidisciplinar, integral y basada en Inteligencia Artificial para el diagnóstico, empoderamiento, rehabilitación personalizada, y gestión clínica de pacientes afectados por COVID Persistente (IN852D 2021/20 – DOG).

Funcións do posto de traballo

A persoa seleccionada traballará no Grupo de Tecnoloxías Multimedia (GTM) no marco do proxecto COPERIA (Programa CONECTA COVID para proxectos de I+D+i relacionados coa COVID-19).

  • A súa función principal será, por unha banda, a de deseñar e implementar algoritmos de procesado de voz e de vídeo que contribúan á detección e seguimento de pacientes con COVID persistente. E por outra, a de implementar e optimizar algoritmos de combinación de datos clínicos de diferentes modalidades (voz, frecuencia cardíaca, imaxe, temperatura, etc.) que permitan recoñecer de forma obxectiva os pacientes afectados por COVID persistente.
  • Colaborará tamén na elaboración dos informes do proxecto. 

Requisitos

  • Formación: Grao ou Máster (preferible) nunha titulación con moita carga de programación e procesamento de sinais (Enxeñaría de Telecomunicación ou Informática e algunhas especialidades de Enxeñaría Industrial, Física ou Matemáticas).
  • Manexo fluído nas seguintes linguaxes de programación: Python, C++.
  • Coñecementos de inglés a nivel B2.
  • Experiencia valorable en procesamento de son e vídeo, técnicas de aprendizaxe máquina, aprendizaxe profunda e librerías tipo TensorFlow, PyTorch, sklearn.
  • Experiencia previa en traballo en equipo e proxectos colaborativos.

Criterios de avaliación

  • Experiencia profesional (40%).
  • Formación (40%).
  • Entrevista (20%).

A comisión poderá convocar aos candidatos e ás candidatas con máxima valoración profesional e de formación para realizar unha entrevista presencial ou por medios telemáticos. No caso de que o comité de avaliación considere que ningunha persoa candidata cumpre os requisitos mínimos esixidos, a praza poderá declararse deserta.

Comité de avaliación

  • Presidenta: Laura Docío Fernández, Contratada doutora do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo.
  • Secretaria: Carmen García Mateo, Catedrática do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo.
  • Vogal: José Luis Alba Castro, Catedrático do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo.

As persoas interesadas deberán enviar o seu CV á dirección personal@atlanttic.uvigo.es indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Data límite de recepción de candidaturas: 15 de febreiro de 2022 ás 21:00 CET

ATL0422 – Galego

ATL0422 – Castellano

ATL0422 – English