ATL2321. Investigador/a en análise da seguridade de protocolos cuánticos de distribución de clave

atlanTTic, beneficiario por resolución do 13 de novembro de 2019 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria das Axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación do sistema universitario de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020, convoca a selección dunha praza:

Número de prazas:                            1

Tipo de contrato:                               Temporal

Xornada:                                              Completa

Horas por semana:                            40

Data prevista de comezo:                01/09/2021 

Data de remate:                                 31/10/2021 con posibilidade de prórroga

Salario:                                                21.000 € -24.000 € anuais, en función do/a candidato/a

Lugar de traballo:                             E.E. de Telecomunicación, Campus da Universidade de Vigo

Funcións do posto

  • Análise da seguridade de protocolos cuánticos de distribución de clave.

Requerimentos

  • Doutoramento, preferentemente nas áreas de Telecomunicacións, Óptica ou Física.
  • Manexo fluído en inglés.
  • Coñecemento da mecánica cuántica, da óptica cuántica e da información cuántica.
  • Experiencia previa na análise teórica da criptografía cuántica e dos protocolos cuánticos de comunicacións.
  • Experiencia previa na análise da seguridade dos protocolos cuánticos de distribución de clave no réxime finito.

Criterios de valoración

  • Experiencia profesional (40%).
  • Formación (30%).
  • Entrevista (30%).

O comité poderá entrevistar aos candidatos/as con máxima valoración profesional e de formación para realizar unha entrevista presencial ou por medios telemáticos.

 Comi de avaliación

  • Presidente: Marcos Curty Alonso, Profesor Titular da Universidade de Vigo.
  • Secretario: José Oscar Rubiños López, Profesor Catedrático da Universidade de Vigo.
  • Vogal: Francisco Javier Díaz Otero, Profesor Contratado Doutor da Universidade de Vigo.

As persoas interesadas deberán enviar a documentación requerida e o Anexo II asinado a rrhh@atlanttic.uvigo.es indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Data límite de recepción de candidaturas: 8 de xullo de 2021 ás 21:00 CET.