ATL2421.Investigador/a en sistemas radar e inversión electromagnética

atlanTTic, beneficiario por resolución do 13 de novembro de 2019 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria das Axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación do sistema universitario de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020, convoca a selección dunha praza:

Número de prazas:                            1

Tipo de contrato:                               Temporal

Xornada:                                              Completa

Horas por semana:                            40

Data prevista de comezo:                01/09/2021 

Data de remate:                                 31/10/2021 con posibilidade de prórroga

Salario:                                                21.000 € – 24.000 €, en función do/a candidato/a

Lugar de traballo:                             E.E. de Telecomunicación, Campus da Universidade de Vigo

Funcións do posto

  • Desenvolvemento e implementación de códigos de inversión electromagnética baseados en Radar de Apertura Sintética.
  • Medidas de caracterización de sistemas radar.
  • Integración de sistemas de adquisición (captura e rexistro de datos) en laboratorio para aplicacións específicas vinculadas á medida de sinais de comunicación e radar.
  • Integración de sistemas de adquisición para medidas en campo baseado en sistemas embebidos.
  • Simulación electromagnética.

Requirimentos

  • Título universitario de doutor, preferiblemente cun perfil en enxeñaría de telecomunicacións.
  • Manexo fluído en inglés.
  • Experiencia no desenvolvemento de software de procesado e simulación de datos electromagnéticos en MATLAB
  • Coñecemento de sistemas embebidos baseados en microcontroladores e sistemas tipo Raspberry Pi/Arduino.
  • Programación en C, C++, Python, OpenCV.
  • Coñecementos sobre SDR.
  • Manexo de instrumentación básica (Osciloscopio, fontes de alimentación) e avanzada (Analizadores de espectro, analizadores de redes).
  • Experiencia en realización de tests HW/SW sobre compoñentes individuais e de integración con outros elementos.
  • Experiencia con drones ou outros sistemas robóticos.
  • Coñecementos especializados de procesado de sinal.
  • Alta motivación e interese pola tecnoloxía.

Criterios de valoración

  • Experiencia profesional (40%).
  • Formación (40%).
  • Entrevista (20%).

O comité poderá entrevistar aos candidatos/as con máxima valoración profesional e de formación para realizar unha entrevista presencial ou por medios telemáticos.

 Comi de avaliación

  • Presidente: Antonio Pino García, Catedrático da Universidade de Vigo.
  • Secretario: Alberto Marcos Arias Acuña, Profesor Titular da Universidade de Vigo.
  • Vogal: Borja González Valdés, Profesor Contratado Doutor da Universidade de Vigo.

Os/as interesados/as deberán enviar o anexo II asinado e a documentación que se indica neste, á dirección rrhh@atlanttic.uvigo.es indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Data límite de recepción de candidaturas: 13 de xullo ás 21:00 CET.

Convocatoria completa
Anexo I
Anexo II